viernes, 25 de marzo de 2022

La exposición de Lázaro Louzao se prorroga por una semana más, hasta el sábado 2 de abril


 Debido al interés suscitado la exposición de Lázaro Louzao se prorroga por una semana más, hasta el sábado 2 de abril, en el horario habitual.

martes, 22 de marzo de 2022

Lázaro Louzao, en Black Box ÁNXELES PENAS El ideal gallego 20 DE MARZO DE 2022, 00:00

 

A galería Black Box ofrece a mostra “A idade dos metais”, de Lázaro Louzao ( Xove,1988) que leva quince anos adicado a fotografía artística; tamén é cineasta, oficio no que se iniciou no ano 2013 con tres curtametraxes; en 2018 fixo a súa primeira longametraxe “ Nove de novembro”, que foi premiada e xa ten participado nunha vintena de festivais. Remata de sacar do prelo o libro “Palpar a pel”, cuxo eixe temático é o corpo masculino, para expresar os desexos e tensións anímicas que nel se reflicten. Os espidos de tres xóvenes actores: Ademar Silvoso, Brais Yanek (protagonistas do filme citado) e Fran Nogueira sirven de modelo para este percorrido por tres cánones da beleza masculina, cun plantexamento mui escultórico no que prima a tensión dramática, expresada a través de contorsionadas posturas que nos fan lembrar a Miguel Anxo e ao pathos dos artistas do barroco, como o seu admirado Caravaggio.




Cada un dos fotografados foron meticulosamente maquillados para que a súa carne fose convertida en ouro, prata e cobre, un tanto para reproducir as pátinas das esculturas de metal, pero, sobre todo,-como Lázaro Louzao confesa- “... para retratar o aspecto máis simbólico destes metais”. A corporeidade física, evidentemente pasaxeira, vese así transmutada en anceio de permanencia, en ansia de superación das limitacións impostas pola condición humana; ser de cobre, de prata ou de ouro, como sucede con tantas pezas de antigas culturas que figuran nos museos, sería garante dunha certa forma de eternidade.

 

A ambivalencia entre a fraxilidade carnal e a resistencia dos metais é, pensamos, un dos temas centrais da mostra que o autor expresa, ao mesmo tempo, como canto exultante e como elexía; canto ou oda polo esforzo humán, pola lota eterna por superarse e deixar obras que testemuñen do esforzo titánico; pranto elexíaco ou endecha por sentir epidémicamente todo aquilo que nos fere, nos magoa ou nos pon n situacións límite. Sentimos vibrar ese abraio, esa dor contida, nas miradas destes mozos, nas posturas difíciles dos seus membros que se retorcen ata o imposible, nas mans que se dobran sobre caras e corpos como para protexelos, que se tenden para supricar ou que se abren anguriadas como para alonxar ameazas.

 

A pregunta está latente no sereno e serio perfil do mozo cobrizo, cuxos ollos grises miran cara o infindo; tamén o mozo de prata, que olla de fronte mentres tapa a boca coas mans cruzadas, contén unha exclamación ou un berro; pero é nunha imaxe do mozo de ouro, que agocha a súa cabeza inclinada no dorso do brazo dereito, mentres suxeita a cintura co esquerdo, onde se expresa,máis nidiamaente todo ese desconcerto íntimo i ese eterno inquirir qué somos e a ónde imos. Descubridores do cobre, cuxa aleación co estaño diu orixen a Edade de Bronce; manipuladores da nocturna prata que permitíu as emulsións fotográficas, e soñadores do ouro místico, como en Exipto ou nas antigas culturas amerindias, son hitos da evolución humana que celebra Lázaro Louzao.

 ÁNXELES PENAS